xoves, 1 de xuño de 2023

CAXOTO: "Unha Galaxia chea de Letras Galegas"

 UNHA GALAXIA CHEA DE LETRAS GALEGAS

        Este é o nome do espectáculo co que nos visitou Caxoto o pasado 23 de maio como parte da programación da celebración das Letras Galegas. A través da narración oral Caxoto falou de grandes autores e autoras da historia da literatura e cultura galega, como Castelao, Risco, Cunqueiro, Carvalho Calero, Maria Victoria Moreno, Rosalía...

          Todos estes autores estaban vincunlados, dunha maneira ou outra, con Francisco Fernández del Riego. E falando da súa vida tamén puidemos coñecer feitos históricos como a emigración, a Guerra Civil, o exilio e o renacer da cultura e literatura galega co traballo desenvolvido na Editorial Galaxia.

        Rematamos a función cantando e reflexionando sobre a importancia de ler, ler, ler moito...

...e na nosa lingua!



domingo, 21 de maio de 2023

PACO DEL RIEGO

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2023

FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO



    Neste ano 2023 o autor ao que se lle adica o Día das Letras é Francisco Fernández del Riego. 
    A semana do 17 de maio chegamos ao cole e todo estaba cheo de guirnaldas con diferentes palabras: Vilanova de Lourenzá, Galaxia, Grial, Monforte de Lemos, Galeguismo... Repartimos polas aulas dous sobres con letras soltas que había que xuntar para poder construír algunha das palabras que estaban nesas guirnaldas e colocalas nos recadriños do mural que presidía a entrada, de maneira que unha vez descubertas todas as palabras puidemos ler cronolóxicamente aqueles feitos máis significativos da vida de Paco del Riego

    Para investigar sobre a súa vida e obra, utilizamos os libros de Xerais e Lela Edicións, onde os autores destas biografías detallan moitísima información sobre o autor. 
    Ademais, grabamos un pequeno vídeo onde os nenos e nenas de cada curso falan da relación existente entre as palabras asignadas e o autor homenaxeado.




Agardamos que vos gustase coñecer un pouquiño máis a vida e obra deste autor tan próximo á nosa vila!

Longa vida ás nosas letras!


mércores, 3 de maio de 2023

ACTIVIDADES DE MAIO DE ESPAZO LECTURA

  O CEIP da Cruz é centro socio protector da Asociación Espazo Lectura, unha asociación non gobernamental fundada para o fomento e a animación á lectura en lingua galega. 

Por esta razón, deixámosvos a continuación información das actividades de MAIO.
As actividades están abertas a todas as persoas que estean interesadas; animádevos a participar, hai para todas as idades!


REMATAMOS CON MOITA MÚSICA!

Ola, familias!

No mes de abril a canción proposta é de Fillas de Cassandra, que poderedes escoitar na seguinte ligazón: II. Lisístrata (Varre vasoira)


E para rematar este ciclo de recomendacións mensuais de grupos musicais galegos de actualidade, deixámosvos unha peza musical de Margarida Mariño, unha violoncellista da cidade de Vigo cunhas propostas musicais moi interesantes. 
Animámosvos a coñecela na seguinte ligazón: Golfiño

Aquí vos deixamos todas as recomendacións deste curso escolar 2022/2023:



Agardamos que vos guste!!

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega

domingo, 16 de abril de 2023

SEMANA DO LIBRO E A LECTURA

O CEIP da Cruz é centro socio protector da Asociación Espazo Lectura, unha asociación non gobernamental fundada para o fomento e a animación á lectura en lingua galega, e que desenvolve o seu traballo no Concello de Gondomar.

Como cada ano cando se achega o Día do Libro, a asociación organiza unha semana con diferentes actividades e clubs de lectura. Desta volta poderedes gozar da música, literatura e teatro. 

Deixámosvos a continuación o cartel desta Semana do Libro a e Lectura

Animádevos a participar!



xoves, 2 de marzo de 2023

MATRIARCAS

 Ola, familias!

Neste mes de marzo no que celebramos o día 8 o Día da Muller queremos lembrarnos dunha canción que xa ten varios anos pero que non perde a súa beleza e, sobre todo, o seu sentido: Matriarcas, de Guadi Galego.

Deixámosvos aquí a ligazón a este tema, agardando que gocedes coa súa escoita: Matriarcas

Agardamos que vos guste!!

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega

martes, 28 de febreiro de 2023

DÍA DE ROSALÍA 2023

 DÍA DE ROSALÍA

23 DE FEBREIRO 2023

Á volta do entroido agardábanos a celebración do Día de Rosalía, e este ano a proposta do Equipo de Dinamización de Lingua Galega consistiu en sacar ao patio do centro os seus poemas.

A comezos do mes de febreiro cada grupo escolleu un poema de entre unha selección feita previamente. A maioría destes poemas complementábanse con temas musicais do álbum Rosalía pequeniña, de Uxía (Galaxia), o tema Tecín soia, do grupo d'A Banda da Loba, e a canción con xestos do grupo Migallas inspirada no poema Eu ben vin estar o moucho.

Cada grupo traballou na aula co poema escollido e os nenos e nenas escribiron os versos destes poemas nunhas cartolinas decoradas coa imaxe de Rosalía de Castro. Á volta das vacacións saimos ao exterior para penduralas nas árbores e en diferentes espazos, enchendo de versos e poemas o patio

Aproveitamos o bo tempo para celebrar un recital poético no patio, e puidamos escoitar algúns dos poemas escollidos para coñecer e achegarnos un pouco máis á obra de Rosalía. 

Celebración do Día de Rosalía 2023


Agardamos que vos guste!

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega